Preguntas Frecuentes

ENTRADAS E PULSEIRAS

Non, só en https://latitudesmusica.com, a través da plataforma Ataquilla.com, NON HAI OUTRO PUNTO DE VENDA OFICIAL, por tanto, as entradas adquiridas en plataformas de revenda non garantirán o acceso ao recinto.

Podes presentar a túa entrada no móbil (se tes a pantalla en perfectas condicións), ou ben traela impresa, aínda que non o recomendamos: pensa no medio ambiente! Ademais necesitarás o teu DNI ou pasaporte (documento de identidade válido). Ao presentala, poñeráseche a túa pulseira.
IMPORTANTE: non se entregan en man e non se poden recoller para outra persoa.

Solo haberá unha zona de pulseración. Nalea poderás cambiar a túa entrada pola pulseira.

Podes recoller a túa invitación ou acreditación na zona de pulseración. Recorda levar impresa ou no teu móvil a túa invitación e a túa documentación.

Non, son intransferibles. Non pode ir unha persoa un día e outra persoa outro, porque a pulseira non se pode quitar nin romper.

 

En caso de rotura de pulseira, non se dará outra.

Si, unha vez dispoñas da pulseira poderás entrar e saír do recinto sen problema, teñas abono de 2 días ou entrada de 1 día.

Si, hai abonos a distintos prezos.

As entradas non son nominativas. Figura nelas únicamente o nome do comprador/a, se nalgún momento fose necesario recoller os datos dos asistentes facilitarase como facelo mediante email ao comprador/a.

  • Os menores de 16 anos (15 anos ou menos) teñen que acceder coa súa entrada, acompañados de adulto responsable. Recorda traer o seu DNI.
  • Os menores que teñan 16 ou 17 anos poden acceder sen compañía pero con autorización asinada. Pódese descargar
  • aquí.
  • Os menores de 3 anos poderán entrar de forma gratuita ao festival.

En todos os casos deberán acudir ao momento sinalizado de menores no acceso ao festival para que lles sexa colocada unha pulseira identificativa que lles acredita como tales.

Menores de idade de ata 3 anos inclusive entrada libre e sempre acompañado de pai, nai, titor legal ou adulto responsable con autorización asinada. Requirirase DNI.

Poderase acceder con carriño de bebés, pero non existirá unha zona delimitada para eles.

Recomendamos levar proteción auditiva para os nenos pequenos, xa sexan tapóns, orelleiras…

Para dudas relacionadas con entradas podes poñerte en contacto co departamento correspondiente a través do formulario da nosa web o no seguinte email: info@latitudesmusica.com

HOSTALERÍA

Si, contaremos con barras donde poderás comprar bebida e tamén disporás de foodtrucks para mercar comida, incluíndo opcións veganas.

MEDIOS DE PAGO - CASHLESS

Antes del evento:
– Puedes recargar online en el mismo proceso de compra de tu entrada.
– Puedes recargar online, tras la adquisición de tu entrada, creándote una cuenta Cashless en www.osondocamino.es/cashless.
Durante el evento:
– Puedes recargar tu pulsera en los puntos físicos de recarga CASHLESS dentro del recinto.

No hay límite, puedes recargar todas las veces que quieras, así que no dudes en hacerlo para así disfrutar a tope del festival y ahorrarte colas y esperas.

APARCADOIRO - COMO CHEGAR?

Non haberá aparcadoiros ou transporte propios do festival para o público asistente, ao tratarse dun festival en pleno centro da urbe. Podes facer uso do transporte público da cidade de Vigo (autobuses urbanos, taxi…) ou, para chegar á cidade, tamén podes vir en Barco se decides vir desde a zona do Morrazo, tren ou autobús.

Podes encontrar diferentes aparcadoiros da cidade de Vigo aquí

Podes facer a túa viaxe en barco desde Moaña ata Vigo reservando os teus billetes en: Naviera Nabia: Viaja a Islas Cíes, Ons, Moaña-Vigo, cruceros Rías Baixas.

Tamén podes chegar desde Cangas ata Vigo reservando en: Naviera Mar de Ons: viajes a Cíes, Ons y mucho más

Tamén podes chegar ata a cidade empregando os servizos de autobús e tren nas estacións Vigo-Guixar e Vigo-Urzáiz.

Podes empregar o servizo de autobuses que recorren a cidade. Máis información aquí.

MISCELÁNEA FESTIVAL

Os teus documentos, algo de roupa de abrigo e diñeiro ou/e tarxeta. Tamén, unha batería externa para o teu móbil se non queres estar desconectado. Uns tapóns ou cascos axudaranche no caso de que o volume dos concertos sexa demasiado alto para ti.

Non se pode introducir:

  • Obxectos cortantes e punzantes, e armas de calquera tipo.
  • Cintos de balas, cornos, accesorios con petiscos grandes, cadeas grandes, cadeados ou accesorios que poidan utilizarse como arma.
  • Bengalas, petardos ou demais elementos de artificio.
  • Paus selfie ou trípodes.
  • Cámaras profesionais de foto e/ou vídeo (salvo medios acreditados).
  • Botellas, vidro, petacas, camelbacks, tapóns de botella.
  • Substancias ilegais.
  • Cadeiras, colchóns.
  • Bicicletas, skates ou similares.
  • Lanternas, láseres.
  • Instrumentos musicais.
  • Animais, excepto cans guía.
  1. Localiza a saída de emerxencia máis próxima, estarán sinalizadas.
  2. Controla as túas pertenzas.
  3. Fai caso das recomendacións do persoal de seguridade e das pantallas do festival.
  4. Cando abandones o recinto, faino con paciencia e de maneira ordenada, non todos á vez.

Ponte en contacto coa seguridade do recinto, que estarán uniformados cun distintivo especial.

Si, hai unha zona especial para iso.

Poderás entrar no recinto co teu cámara no caso de que non sexa unha cámara réflex/profesional. Só poderán usar este tipo de cámaras o persoal acreditado. Cámara dixital ou tipo GoPro, si se permiten.

Acode de inmediato á zona de enfermería.

No despacho de billetes podedes preguntar polos “obxectos perdidos”. Tamén recomendamos gardar en bo lugar obxectos de valor ou documentación. Se atopas algo, por favor, agradecémosche que o deposites nesta zona.

Recomendamos que cando haxa aglomeracións leves a mochila por diante para evitar roubos. Se ves algo sospeitoso respecto diso, avisa a seguridade.

  1. Garda sempre ben os teus obxectos de valor.
  2. Leva roupa cómoda e todo o necesario para gozar dun festival.
  3. Usa os colectores que hai por todo o recinto e reutiliza os vasos do festival.
  4. Respecta aos grupos: se non che gusta un grupo ou a actuación, non os vexas, pero deixa que quen queira gozar deles poida facelo.

Podes preguntar a través das redes sociais e responderémosche canto antes. Tamén podes preguntarlle aos membros do staff que vexas no recinto, ou mandarnos un email a info@latitudesmusica.com