COMO CHEGAR

Se xa conseguiches a túa entrada para a próxima edición de Latitudes, agora é o momento de organizar como será a túa chegada ao festival. Existen diferentes maneiras de chegar ata a cidade de Vigo e ao Peirao de Trasatlánticos, e neste apartado contámosche algunhas delas para que poidas telas en conta e poder chegar con calma a actuación de teu grupo favorito.
Recordamos que non haberá aparcadoiros ou transporte propios do festival para o público asistente, xa que se trata dun festival en pleno centro da urbe. A nosa recomendación é sempre facer uso do transporte público que che explicamos a continuación, e, se decides vir en coche, podes optar polos aparcadoiros dos que dispos na cidade ou tratar de aparcar polas inmediacións do recinto.
COMO CHEGAR A VIGO
Apetéceche sentir a brisa marina e desfrutar das vistas da ría de Vigo mentres te dirixes cara a Latitudes? Se a túa resposta é afirmativa, chegar en barco ata o festival será todo un pracer para ti. Tanto se vives na zona de O Morrazo e queres vir ao festival en barco, coma se che apetece vivir a experiencia de probar este medio de transporte para a túa chegada ao festival, existen dúas rutas que poder escoller para chegar ata Latitudes coma o mismísimo Poseidón.
- Ruta Moaña-Vigo: podes consultar aquí as liñas regulares desde Moaña a Vigo e viceversa. Podes coller o teu billete no barco directamente para a túa salida de Moaña. Tes un barco cada hora punta ata a cidade ata as 22:00h.
- Ruta Cangas-Vigo: tamén podes elixir Cangas como lugar de orixe para a túa chegada a Latitudes. Existe outra liña regular que te leva ata o Peirao de Trasatlánticos da que podes consultar horarios e adquirir os teus billetes aquí. Desde Cangas terás un barco con destino Vigo cada media hora en días laborais e cada hora punta os sábados ata as 22:00h.
Desfruta surcando os mares na túa viaxe cara Latitudes.


Outra maneira de chegar ata a cidade olívica pode ser o tren. Pon nos teus cascos a listaxe de Spotify de Latitudes e, mentres miras pola ventá, dalle renda solta á túa imaxinación pensando en como será ver ao teu grupo soñado en concerto. A viaxe será un visto e non visto.
Podes mercar os teus boletos en renfe e consultar información sobre as diferentes estacións en Vigo-Guixar e Vigo-Urzáiz.
Desde a estación de ferrocarril Vigo-Urzáiz podes usar as liñas de autobús urbano C1, 5A, A, 15B, 15C e 28 para chegar directamente ao festival.
Desde ambas estacións podes ir camiñando cómodamente, tan só son uns 15 minutos a pé.
Próxima estación… Latitudes!
Nen vivir en Muy Muy Lejano é excusa para non vir a Latitudes. Aquí non hai que vir a loitar contra dragóns para rescatar a princesas enxauladas, sinxelamente a suxeitar o teu vaso coa bebida mentres saltas e cantas sen parar entre concerto e concerto. Por iso, a viaxe entre a túa cidade e Latitudes paga a pena. En avión chegarás nun palpebrexo.
O aeroporto máis cercano é o de Peinador, mais tamén podes marcar o tu destino en Santiago de Compostela (Aeropuerto de Santiago-Rosaía de Castro e despois elixir outro método de transporte para chegar ata Vigo.
Desde o aeroporto de Peinador podes ir directamente ata Latitudes coa liña A de autobuses urbanos.
Podes comparar e mercar o voo que mellor se adapte ás túas necesidades en Skyscanner ou Google Flights.


Si, en autobús tamén podes chegar sen problema. Prepara a túa mochila ou a túa maleta e comeza a ruta ata Latitudes. O autobús é un medio de transporte máis sostible e seguro á vez que o estacionamento na cidade non será un problema para ti. Podes encontrar máis información en: horario-autobuses.com
Para chegar a Latitudes, desde a estación de autobuses terás que facer trasbordo cos autobuses urbanos. Podes coller as liñas de autobús urbano L4C ou L23 e baixar na parada de Jenaro de la Fuente, 23. Alí, collerás as liñas A, L15B ou L28.
Se o itinerario desde a túa cidade permíteche marcar como destino a Rúa Areal, recomendámosche que baixes aí, xa que se encontra a 10 minutos andando do festival.
A idea de chegar en coche tampouco está nada mal, así antes ou despois do festival poderás aproximarte a coñecer os alrededores da cidade, din por aí que hai un Dinoseto moi curioso… Que qué é? Tranqui, só che diremos que non traba.
O mellor é que se compartes traxecto con máis persoas, todo o mundo sairá gañando: aforraredes uns euriños mentres axudades ao medioambiente. Se non atopas con quen compartir o teu coche, poderás axudarte das nosas redes sociais para porte en contacto con outras persoas asistentes.

CÓMO MOVERTE EN VIGO

En Vigo non se chaman autobuses urbanos, chámanse Vitrasas. Esta palabra xa forma parte indiscutiblemente da xerga viguesa. Para coñecer os horarios e a información xeral do servizo de autobuses urbanos podes visitar esta páxina.
Subirte a un Vitrasa para chegar a Latitudes ten que ser parte da túa aventura durante os dous días de festival. Marcharás sendo un pouco máis vigués.
As liñas que che deixan máis preto do festival son as que atoparás aquí.
Non é a mellor das opcións pero, se chegas ata o festival en coche, a cidade de Vigo conta con diversos aparcadoiros onde deixalo en boas mans.
Se te sintes con sorte tamén podes intentar aparcar nas zonas máis cercanas ao recinto do festival.


Se decides coller un taxi para chegar ata Latitudes podes facelo dende calquera punto da cidade. Todos poderán deixarte moi preto do recinto, na parada da que dispoñen na Avenida de Beiramar.
Todas as rúas de Vigo van dar ao mar, e non podes imaxinar a cantidade de curiosidades que podes atopar se botas a andar. Desde impresionantes murais nos edificios ata escaleiras e rampas mecánicas polo centro da cidade, pararás en cada recuncho ata a túa chegada a Latitudes. Prepara a túa cámara porque xogámonos que quererás levar bastantes lembranzas. Porque, unha vez na cidade, ir camiñando ata o festival pode ser moi divertido. Se vas a aproveitar para pasar uns días na cidade, aquí tes algúns roteiros que podes levar a cabo para coñecela. Podes semellarte ao monequiño de Latitudes, e emprender outro camiño, pero ata o festival.


Se queres chegar máis axiña, pero tamén desfrutar do camiño, ir en bicicleta tamén é moi boa opción. A cidade conta con diferentes carrís bici para que poidas desprazarte cómodamente. Demostra o teu compromiso co medioambiente mentres te dirixes a Latitudes. Ademais, se che apetece gozar da cidade en bicicleta despois ou ante de pasar por Latitudes, aquí podes consultar algunhas rutas que che encantarán.