mando diao

Mando Diao

Venres 19

Posiblemente na súa discografía atopes unha canción perfecta para cada ocasión ou situación da túa vida. Queres bailar? Por suposto. With somebody se é posible. Queres compañía nun momento triste? Obviamente. Queres camiñar pola rúa tendo a sensación de que é túa? Iso está feito.

Mando Diao son unha desas bandas que sempre saben a moito, e que che deixa con ganas de repetición cando soa a última nota ao terminar o concerto.

Tocando ante o público vigués será moi sinxelo que alcancen a Gloria.