VIGO EN CURIOSIDADES

Vigo, Cidade de Cor

Sabías que a cidade está chea de impresionantes murais? Muros, fachadas, incluso chans, están cheos da cor que desde 2015 diversos artistas poñen a Vigo coas súas obras.

Cidade de Cor é un festival que trata de desenvolver e transformar a cidade. Ata o día de hoxe conta coas intervencións de artistas locais, pero cada ano vanse abrindo á colaboración internacional. Actualmente, pasear por Vigo é como pasear por un museo, neste caso ao aire libre, desfrutando de todo tipo de rexistros artísticos. Un bo plan podería ser recorrer a cidade para facerte cunha vista de todos, ao Pokemon. Tes máis información en ciudaddecolor.vigo.org

Dinoseto

Uns setos moi peculiares

Alá polo 2015 chegou un novo habitante á cidade. Algo que parecía imposible sucedeu, e é que en Vigo calquera cousa pode pasar. Non bromeamos se dicimos que un dinosaurio se presentou polas rúas deixando aos vigueses coa boca aberta.

Falamos do famoso Dinoseto. Literalmente un seto en forma de dinosaurio que rápidamente se converteu nun cidadán máis. Ademais, un ano despois da súa aparición tivo unha cría, Dinosetiño. Unha nova familia viguesa moi animal. Agora podes visitalos na alameda da cidade.

Por se fora pouco, na zona de Navia podes atopar o Rinoseto, un seto en forma de Triceratops.

A verdade é que a última película de Jurassic World podería terse grabado en Vigo.

10 Millóns de luces LED

A Navidade en Vigo parece doutro mundo. Chegar en decembro á cidade é como adentrarse nunha experiencia mellor que calquer parque de atraccións. Árboles de luces quilométricos, todo tipo de figuras pola calle coas que fotografiarte, música, un mercado con todo tipo de comida e detalles navideños e a xoia da coroa… Unha noria! Si, unha noria en medio da cidade que nada ten que envidiar en altura ao mesmísimo Burj Khalifa. Se subes sentiraste como esa gaivota que voa pola cidade e consegue esas vistas de escándalo á Ría de Vigo que só poderás obter desde a noria.

10 millóns de luces LED alumean a Navidade viguesa. Mírasenos desde calquera parte do mundo, é un feito.

navidad en Vigo