UNHA NOITE EN VIGO
A noite viguesa abraza por igual a todas as persoas que queiran descubrir como se move a cidade máis alá da hora na que o sol cae.
Nunha noite en Vigo, será boa idea comezar a aventura nocturna en 20th Century Rock, a mestura perfecta entre un pub inglés e un Hard Rock Café. Cando entres pensarás que estás viaxando a outro lugar, sobre todo porque hai un tren dentro do local no que podes tomar a túa consumición, ou pola decoración de cine clásico de Hollywood. Poderás desfrutar de copas e gin tonics.
O seguinte paso, se o que queres é un pouco de baile, é bucear polos lugares diversos que se concentran na zona de Churruca. Se che apetece indie rock tes La Fábrica de Chocolate ou a Sala Kominsky, con gran variedade de estilos de música. Por outro lado están Molotov (trap), Mondo Club (electrónica) ou Boom Boom Room (reguetón). Tamén podes visitar Tinta Negra se buscas un plan de encontro e risas cun vino ou unha cervexa na man.
Se queres máis información podes acceder á «Guía de Kaixo para salir por Vigo» neste link.
