NATUREZA NA CIDADE

Esas fotos de lugares paradisíacos que ves en Instagram cada día quédanse curtas ao lado do posado de verán que te podes marcar nas praias de Vigo ou o postureo de poñer roupa de exercicio e crerte a túa versión máis veloz polas rutas da cidade como se da mesmísima Volta a España se tratase.

Se che apetece un plan tranquilo para escapar do movemento da cidade, propoñemos algunhas opcións que poden ser do teu interese no teu paso por Latitudes.

Visita as Illas Cíes

As Illas Cíes son todo un paraíso natural. É un archipiélago situado na ría de Vigo formado por tres islas: Monteagudo, Illa do Faro e San Martín. É o lugar perfecto para desfrutar un día ao aire libre non seus sendeiros de parque natural altamente protexido ou as súas praias. Unha delas, a Praia de Rodas, foi galardoada e nomeada co título de «A Mellor Praia do Mundo» polo periódico británico The Guardian. As súas vistas son unha experiencia que vivir polo menos unha vez na vida. Unha pasada, vaia.

Desde o porto de Vigo hai barcos que te levan directamente ás Illas Cíes, polo que as tardes antes de Latitudes son o momento perfecto para que subas ao barco a surcar os mares e chegues ao máis parecido ao ceo na terra.

cies
isla de ons

Embárcate ás Illas Ons

Pertencen ao concello de Bueu, pero desde o porto de Vigo tamén podes chegar a elas e cremos que a súa beleza tamén é merecedora dunha visita. Nas Illas Ons poderás atopar incribles praias, sorprendentes covas mariñas ou acantilados que quitan o hipo como o Buraco do Inferno. Ademais, ofrece diferentes rutas de sendeirismo, das cales unha lévate a un faro que alumea as noites nas illas a todos aqueles que as habitan de forma eventual no camping ou nas casas mariñeiras típicas que atoparás nos paseos polas mesmas.

O teu lado máis aventureiro

Alexándonos un pouco do mar e adentrándonos nas profundidades dos bosques forestais de Vigo, este será o momento perfecto para que poidas sacar o teu lado máis aventureiro. Neles tes a opción de facer desde unha ruta de sendeirismo ata un bo churrasquiño coa familia grazas ás zonas de recreo. Propoñémosche algunhas opcións como: o Parque Forestal de A Guieira, o Parque Forestal de Beade, o Parque Forestal de Becerreira en Cabral ou o Parque Forestal Vixiador en Candeán. Podes atopar máis información en turismodevigo.org. Tranquilidade… Se na túa visita cres que botas moito de menos as vistas ao mar de Latitudes, moitos deles contan con vistas de infarto á Ría de Vigo.

o castro

Desfruta das vistas desde o Monte do Castro

No mesmísimo centro a cidade tes a oportunidade de coller unha toalla, tumbarte á fresca debaixo das árbores e relaxarte observando as mellores vistas da Ría. Isto só podería pasar no Monte do Castro. Aínda que chegar ata el sexa unha tarefa para os máis atrevidos (tranqui, tamén podes ir en coche, pero mola máis camiñando), o esforzo pagará a pena, porque ofrece todo tipo de opcións: un pouquiño de historia, por exemplo, porque conta cun xacemento castrexo, parques para os máis peques ou tamén áreas deportivas… E que o ten todo! É un dos tesouros máis preciados de Vigo e a cidade creceu desde ese punto. Tes máis información aquí.

Relax e praia

Se che apetece un pouquiño de praia e practicar o moreneo (con protección!) na túa visita a Latitudes, Vigo conta con praias preciosas. Sentimos que a elección sexa complicada, sabemos que son incribles. Algunhas recomendacións serían a Praia de Samil, que tamén conta con piscinas, a Praia O Vao, frecuentada polos mozos, a Praia da Fontaíña, tamén coñecida como “La Sirenita” ou a Praia de Toralla, desde a que terás unha visión contraria ás anteriores, é a única que mira ao sur. Ademais, é pequena e íntima e podería ser perfecta para un plan en parexa. Máis información sobre as praias de Vigo aquí.

samil