GASTRONOMÍA

Cando falamos de gastronomía Vigo non se queda atrás en ningún aspecto. Que apetece un picoteo lixeiro? Tes mil opcións. Apetece un bo prato e ben rebosante? Tamén o vas ter. Eres vegano ou vexetariano? Non dubides por un momento que non terás opcións. E… Que me dis dun capricho de Estrella Michelin? Desexo cumprido. É que Vigo é así, unha cidade á que no lle falta detalle.

Algunhas recomendacións, se buscas sabores orientais, poderían ser PurOSushi, Rokuseki ou Kita. Se che apetecen sabores da zona podes probar a Taberna A Mina, Amares Tapas e Peixes, Puro Delirio ou, por exemplo, Detapaencepa.

Se na túa mente está probar algún restaurante de Estrella Michelin vigués, nese caso podes probar o restaurante Silabario, situado na rúa Príncipe, ou tamén o restaurante Maruja Limón.

Se buscas un restaurante vexetariano ou vegano tes as seguintes opcións, entre outros: o restaurante Cúrcuma, o Kastami´s, hamburguesas en Verde Mostaza e opcións doces súper ricas en La Vanetta ou a crepería Bretonne Annaick.

Fame en Vigo si que non vas a pasar, e se quedas con ela… podemos facerte un bisteciño ou un ovo frito ao puro estilo galician avoa.

gastronomia